O BNG acusa á Xunta de ‘abandonar’ O Salnés nos orzamentos para 2016

    VILAGARCÍA> Os orzamentos da Xunta para o 2016 tampouco convencen ao BNG. Para a formación, as contas autonómicas pasan de puntiñas polo Salnés, sen investimentos en grandes infraestruturas nin nos sectores produtivos. Por iso, a súa intención é recoller a opinión de diferentes colectivos e dos seus voceiros nos concellos para elaborar e presentar as súas emendas.

     

    O BNG non se cre as contas da Xunta para o 2016.

    Propagandísticos, continuístas, tramposos ou fraudulentos, son algúns dos adxectivos que os nacionalistas dedican aos orzamentos do goberno autonómico. Aseguran que abandonan a comarca.

    No reparto a Xunta deixa esquecidas as grandes necesidades de O Salnés. Demandas como novos centros de saúde para A Illa e Vilagarcía, o ximnasio do colexio de Rubiáns ou as reformas en centros como o Rosalía de Castro en O grove, non están contempladas. Sobre a partida de 40 mil euros para o novo colexio de Vilalonga, Prado coincidiu co concello.

    Tampouco contemplan grandes infraestruturas para a comarca, como a autovía Vilagarcía-Pontevedra. Preocupa tamén que non haxa fondos para potenciar os sectores produtivos.

    A partires de agora o BNG manterá encontros con diferentes colectivos e cos seus voceiros nos concellos. A intención é recoller as súas propostas para elaborar as emendas que a formación presentará a estes orzamentos para o 2016.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/22/bng_salnes_orzamentos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/22/bng_salnes_orzamentos.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí