A Xunta ampliará cunha nova planta de sete aulas o IES Francisco Asorey de Cambados

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/23/xunta_obra_ies_asorey.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/23/xunta_obra_ies_asorey.mp4{/flowplayer}

     

    CAMBADOS> No 2017, o Instituto Francisco Asorey de Cambados contará con 7 aulas máis. A Xunta de Galicia arrancará o vindeiro ano a ampliación do centro, para o que consignou unha partida de ao redor de 250 mil euros nos orzamentos para 2016. O instituto leva algúns anos sufrindo problemas de espazo, debido á alta demanda dos módulos de Formación Profesional que imparte. A ampliación contará cun orzamento total de máis dun millón de euros.

    O vindeiro ano a Xunta arrancará as obras de ampliación do instituto Francisco Asorey, de Cambados. A intención é facer unha planta máis no centro, cunha superficie de 660 metros cadrados repartidos en sete aulas.

    O Instituto, que este ano cumpre un cuarto de século, queda pequeno para a demanda de matrículas que rexistra cada curso. De feito, hai dous anos o centro renunciou a impartir un módulo de FP por falta de espazo.

    A intención é que as obras estean rematadas no 2017. O groso dos traballos realizarase as fins de semana e en épocas de vacacións, para evitar que interfiran co ritmo habitual das clases.

    A ampliación conta cun orzamento de un millón 24 mil euros: 250 mil aparecen recollidos xa nas contas da Xunta para este ano, mentres que os máis de 750 mil restantes se consignarán no orzamento para o 2017. Un 80% do investimento procede de Fondos Europeos para mellorar os centros de Formación Profesional.

     

    Comments are closed.