Veciños do parque da Coca denuncian os malos cheiros dun aliviadoiro de auga que se atopa na zona

VILAGARCÍA> Veciños do entorno do parque de A Coca, en Vilagarcía presentaron unha queixa formal ante Auga de Galicia polos cheiros que desprende un aliviadoiro que se atopa no entorno das súas vivendas. Unhas molestias, que segundo eles mesmos afirman atraen a insectos e impiden que poidan ventilar as súas casas.
Augas de Galicia debería contestar nas vindeiras semanas unha reclamación que presentaron varios veciños de Vilagarcía. O presidente da Asociación Fonte da Coca explicou ante a nosa cámara o motivo que propiciou a súa queixa.
Fortes cheiros ou unha maior presenza de insectos son só algunhas das consecuencias que xera esta situación. Ademais no seu escrito sinalan que descoñecen a orixe de esta auga e de si esta é limpa ou non.
Dende esta asociación veciñal non só denunciaron esta situación, senón que tamén aproveitan a ocasión para facer público, o estado, segundo eles afirman, de abandono no que se atopa esta zona verde da cidade.
Agora tan só lles queda esperar que Augas de Galicia lles responda a súa petición para comezar a buscar unha solución a este problema, que denuncian.