Arrancan as obras de mellora da seguridade viaria na PO-308 en Raxó

POIO> As obras da PO-308 deron hoxe os seus primeiros pasos. Despois de anos de reclamacións e protestas veciñais, técnicos da Xunta de Galicia comezaron esta mañá a marcar os terreos que serían precisos para realizar os traballos na parroquia de Raxó, que dotarían á estrada de beirarrúas. Agora a pelota está no tellado do concello de Poio, que será o encargado de conseguir os terreos que o goberno autonómico precisa para executar a obra.

A urbanización da PO-308 deu hoxe o seu primeiro paso. Técnicos da Xunta delimitaron esta mañá os terreos que precisarán para facer as obras no tramo escollido como prioritario, na parroquia de Raxó.

As obras faranse con cargo aos orzamentos de 2016, e van destinadas a mellorar a seguridade dos peóns que circulan por esta estrada.

Os veciños e o concello de Poio levan anos reclamando esta actuación, coa que a Xunta se comprometeu de xeito firme en xaneiro deste ano. O alcalde destacou a importancia da obra.

Tanto concello como goberno autonómico destacaron que a obra é posible grazas á colaboración entre ambas administracións. Paralelamente, a Xunta xa traballa no proxecto para a segunda fase das obras de mellora da seguridade viaria, que se realizarán na parroquia de Samieira.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/23/beirarruas_po_308.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/23/beirarruas_po_308.mp4{/flowplayer}