A Xunta inicia a mellora dos accesos á autovía en Rianxo

    RIANXO> O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, mostrou o seu malestar coa Axencia Galega de Infraestruturas, que vén de facer caso omiso ás solicitudes formuladas pola corporación municipal referidas á mellora da iluminación no acceso á Autovía do Barbanza. Segundo o rexedor rianxeiro a instalación do alumeado melloraría notablemente a seguridade vial na zona. Mellor sorte correu a solicitude formulada polo concello rianxeiro respecto á mellora do firme na entrada e saída da autovía, nos accesos da Vacariza e Té, nas que eran habituais as saídas de vía. Persoal de mantemento da propia vía procedían á instalación dunha nova capa de rodadura asfáltica que evitará nun futuro estes pequenos accidentes.