Estas fotografías sacarán o mellor sorriso aos “peludiños” pontevedreses

PONTEVEDRA> O local Botica de Pontevedra acollerá este sábado o evento Peludiños Solidarios. Unha cita organizada polo colectivo Skölldog para colaborar con tres protectoras de animais: a do Morrazo, Os Palleiros e Difusión Felina. No evento haberá un photocall, un mercadillo, unha charla, un punto de recollida de alimentos e varios sorteos. Todos os peludos da comarca están invitados a participar.

El é Sköll e con el naceu esta iniciativa. Ale, unha amante da fotografía decidiu comezar a publicar nas redes as fotografías do seu compañeiro de catro patas. Unhas fotografías que gustaron, e moito, ao resto de peludos. Por iso, e coa intención de colaborar con varias protectoras de animais de Vigo organizaron, hai un ano, a primeira edición de Peludiños Solidarios. Un evento que superou todas as expectativas e no que conseguiron recadar máis de 600 euros. Agora, tras varias peticións, Ale e Sköll decidiron achegar esta cita fotográfica a Pontevedra.

A actividade principal de Peludiños Solidarios será o photocall perruno. Nel, todos os que se acheguen ata a Botica poderán sacarse fotografías cos cans. O prezo de cada fotografía será de 5 euros, dos cales, 2 irán destinados á 3 protectoras: a do Morrazo, Os Palleiros e Difusión Felina. No evento tamén haberá un mercadillo, un punto de recollida de alimentos, sorteos, unha exposición de fotografías e unha charla.

A cita será o sábado de 12:30 a 19 horas. Un evento fotográfico que servirá para fomentar a adopción e para recadar fondos para que as tres protectoras pontevedresas poidan seguir coidando aos animais.