A internacionalización chegará a XIX edición do Salón do Libro

Pontevedra> A décimo novena edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil terá como temática central as mulleres de conto. Será un ano que chegará cheo de novidades entre elas a internacionalización do evento con México como país convidado. Unha cita que se celebrará do 6 ao 29 de abril no Pazo da Cultura. Mulleres de conto, esa é a temática da nova edición do Salón do Libro, unha cita que no 2018 aterrará do 6 ao 29 de abril no Pazo da Cultura. Unha cita que chegará con moitas novidades, entre elas, coa internacionalización do evento con México como país convidado. Para chegar a mocidade estableceranse clubs de lectura. Unha decimo novena edición onde as novas tecnoloxías e a Banda deseñada terán un protagonismo especial. Tralo verán sairán publicadas as bases para o concurso internacional de ilustracións que convocarán dende o concello, a ilustración gañadora serán neste ano a imaxe do Salón do Libro Infantil e Xuvenil.