O alcalde de Barro iniciará en setembro contactos coas Consellerías da Xunta

BARRO> A visitas que o delegado da Xunta en Pontevedra está a realizar aos novos alcaldes levárono hoxe ata o concello de Barro. José Manuel Cores Tourís mantivo un breve encontro co novo rexedor, o nacionalista Xosé Manuel Fernández Abraldes. Para o primeiro edil, mellorar a seguridade da PO531 e resolver a situación de varias parcelarias, son as cuestións máis urxentes.

 

Nesta primeira toma de contacto, o alcalde nacionalista aproveitou para trasladar as urxencias do concello.  A partires de setembro, a intención de Fernández Abraldes é petar porta por porta nas diferentes Consellerías para tratar estas cuestións.

No encontro, Cores Tourís aproveitou para trasladarlle a dispoñibilidade da Xunta. Ademais dos proxectos que xa teñen en marcha no concello, como a concentración parcelaria ou as obras na Barosa, unha das principais preocupacións do delegado é a colaboración institucional. Unha cuestión na que é fundamental a Deputación.

Sobre a situación na que está o concello de Barro despois de 32 anos de goberno do popular José Antonio Landín , o rexedor nacionalista asegurou que nin el nin o seu socio socialista atoparon ningunha sorpresa.

Fernández Abraldes destacou tamén o bo entendemento que está a existir entre o bipartito BNG-PSOE.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/08/visita_touris_barro.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/08/visita_touris_barro.mp4{/flowplayer}