O Goberno Local habilita un novo servizo de “queixas da cidadanía”

Pontevedra> Dende hai uns días, na web do concello de Pontevedra, a cidadanía conta cun apartado onde poder informar de desperfectos nos espazos públicos.  Son moitos os cidadáns que coñecen esta iniciativa, os que aínda non saben dela agradecen poder contar con este servizo para amosar as súas queixas sobre o estado da cidade.

A cidadanía de Pontevedra xa pode amosar o seu malestar e os desperfectos que atope na cidade a través da web do concello. Un servizo que xa é coñecido por moitos veciños da Boa Vila.

E se preguntamos por queixas, os lombos, o estado das losetas e a seguridade cidadá son algunhas das reivindicacións que amosa a cidadanía na actualidade.

Para outros non hai moito que reclamar nunha cidade como Pontevedra.

Algunhas das máis de 10 peticións trasladadas polos cidadáns a través deste servizo da páxina web, xa estaban, segundo o concello, na lista de tarefas a realizar na cidade. O resto serán analizadas para ver se se poden asumir con cargo ao actual contrato de mantemento, ou ben sería necesario acometer unha actuación específica ou de maior envergadura.