A federación galega entrará de oficio tras os inulstos machistas a unha arqueira de 13 anos por parte do adestrador do equipo rival

VILALONGA> Unha nena de 13 anos de Vilalonga sufre comentarios vexatorios mentres disputaba un partido de fútbol. O adestrador do equipo rival instou aos seus xogadores con comentarios machistas e sexistas a marcarlle goles á arqueira do Vilalonga. O adestrador visitante pediu desculpas pero aínda así o Vilalonga fará todo o posible para que se tomen medidas e que non se repitan actitudes e comentarios como estes.  Ambos clubs, o Vilalonga e o Poio, xunto cos adestradores e os pais da nena tiveron este mércores unha reunión para esclarecer o sucedido e poñerlle punto e final.

O machismo aínda continúa moi presente na nosa sociedade. Onde menos se agarda, sempre pode aparecer algunha persoa con comentarios ou actitudes desagradables e impropias desta época. Isto aconteceu a pasada fin de semana, cando a arqueira do Vilalonga de categoría infantil, é dicir, unha nena de 13 anos, sufriu os comentarios vexatorios do adestrador rival do Poio.

Os comentarios sexistas e machistas non quedaron silenciados, pais e nais do Vilalonga recriminaron ao adestrador do Poio o seu comportamento.

Foi o propio pai da nena o que deu un exemplo calmando a todos os presentes e evitando que o conflito fose a máis. Aínda que o adestrador rival ignorou os comentarios dos pais e nais de Vilalonga si pediu desculpas tras falarlle a nai da porteira.

O adestrador sinala que os pais están doídos polo acontecendo e protexendo á nena que, segundo explica, se atopa ben.

O Vilalonga vai denunciar o caso á federación e tomar as medidas necesarias para que se esclareza o acontecido e non se repitan situacións como a do sábado. Buscando unha solución, ambos clubes, adestradores e os pais tiveron unha reunión.

A situación vivida no campo do Revel de Sanxenxo non pasou desapercibida para ninguén. De feito, a concelleira de igualdade de Poio, Marga Caldas, denunciou a actitude do adestrado do equipo da súa vila e esixíronlle ao club que tome as medidas necesarias. Dende o club tamén se sumaron a denunciar calquera tipo de comentario machista e anunciaron que o adestrador presentou a dimisión.

Finalmente, 0 comité de competición e disciplina da Real federación galega de fútbol anunciou que entrará de oficio no caso dos insultos machistas recibidos pola arqueira do Vilalonga infantil por parte do adestrado do Poio. O organismo federativo responde así á denuncia presentada polo club de Sanxenxo, e abre un proceso de instrución reservada para solicitar datos sobre os suceso. Tanto o Vilalonga como o Poio terán un prazo agora de 10 días para presentar as súas alegacións. Tamén solicitan ao árbitro que realice un informe ampliatorio en relación aos feitos denunciados.

Pola súa parte, ambos clubs, xunto cos adestradores e o pai da nena tiveron onte un encontro para esclarecer o sucedido e rematar coa polémica. Trala reunión, os clubs mandaron un comunicado conxunto non que expresaron o seu desexo de rematar con todo tio de violencia verbal, física e machista no mundo do fútbol.

Ademais o adestrado do Poio, que xa presentou a súa dimisión, tamén quixo agradecer a oportunidade dos pais para reunirse con eles e para poderse desculpar en persoa. Todas as partes implicadas queren tamén que a reunión sirva para mandar unha mensaxe de esperanza, difundido tamén bos comportamentos e valores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí