Os afectados polo proxecto do polígono comarcal estudan presentar alegacións

    alegacionspoligono_100_180908.jpgPOBRA > O PSOE da Pobra iniciou unha serie de sesións informativas dirixidas ós afectados polo proxecto do polígono comarcal do Barbanza.

    {flowplayer}barbanza/alegacionspoligono.flv{/flowplayer}

    Un bo número de persoas asistiu á sesión informativa convocada na noite de onte polo PSOE da Pobra para dar conta dos detalles do proxecto do polígono supramunicipal que a Consellería de Vivenda construirá entre os concellos de Ribeira e Pobra.

    Os socialistas expuxeron os detalles desta iniciativa que dotará de preto de cincocentos mil metros de chan industrial ós empresarios da zona e suporá un importante pulo dinamizador para a comarca.

    Carencias

    Sen embargo, o actual proxecto deseñado polo departamento de Vivenda e Solo presenta, segundo os socialistas, unha serie de carencias que deben ser solventadas. A principal, a falta dun sistema propio de depuración que de non ser corrixido provocará a sobrecarga da EDAR municipal. 

    O obxectivo dos socialistas é concienciar ós veciños das posibles consecuencias que podería ter o novo polígono de executarse tal e como está polo que é preciso presentar alegacións para introducir melloras.

    Nos próximos días, os socialistas da Pobra seguirán adiante con esta campaña informativa posto que comprobaron que aínda existe un gran descoñecemento en torno ó proxecto posto que moitos dos afectados nin sequera sabíaan que ían ser expropiados. De feito, os veciños xa iniciaron unha campaña de recollida de sinaturas para apoiar un escrito que entregarános responsables da Consellería de Vivenda para que teñan en consideración as súas reclamacións.

    Redacción Barbanza