O embaixador de Palestina agradece o apoio de Rianxo á súa causa

RIANXO> O embaixador de Palestina en España realizou unha visita institucional ó concello de Rianxo. Musa Maer Odeh quixo agradecer así a aprobación dunha declaración por parte do pleno rianxeiro en apoio ó pobo palestino. A causa palestina está ben presente en Rianxo. A aprobación por unanimidade dunha moción no mes de maio deixou ás claras o apoio do pobo rianxeiro á autodeterminación do pobo palestino e o seu dereito a vivir en paz. Moción que non estivo exenta de polémica e mesmo motivo a presentación dunha denuncia pola chamada a boicotear produtos israelís. Durante a súa intervención, o embaixador expuxo a situación real que vive o pobo palestino a raíz dun conflito colonial que non ten motivacións relixiosas. Quixo agradecer a Rianxo a súa solidariedade coa causa palestina e agasallou á corporación con dous libros dun historiador israelí sobre a política errónea do seu estado. Pola súa banda, o alcalde lle fixo entrega dunha figura de Castelao en recordo do pobo rianxeiro.