BARBANZA> A flota galega permanece amarrada á espera da xuntanza prevista para mañá entre a Federación Nacional de Confrarías e o Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación. Agardarán a coñecer as propostas do goberno para tomar unha decisión ó respecto do paro aínda que as expectativas non son moi optimistas.
Aínda que non houbo de momento unha proposta en firme, o anuncio de goberno de destinar 65 millóns de euros para toda a flota española é insuficiente para o sector.
Haberá que agardar ós acordos que resulten da xuntanza prevista para mañá ás 5 da tarde. Posteriormente, a federación de confrarías convocará unha reunión para decidir se desconvocan o paro ou continúan amarrados de xeito indefinido.