Unha nai é desafiuzada da súa vivenda familiar pola ex-sogra

    CAMBADOS> Esta mañá Olga Obouhkova deixaba o piso en Cambados no que residía cas súas dúas fillas, de cadanseus 6 e 8 anos; en cumprimento…

    {flowplayer}images/salnes/deshaucio_cambados.flv{/flowplayer}

    … dunha sentencia xudicial que ven de promover a súa ex-sogra, propietaria legal da vivenda. Tal e como explica a afectada, na sentencia do divorcio concedéuselle a Olga a custodia das nenas, e o poder residir neste piso, amais dunha pensión mensual de dous mil euros, que nunca se lle chegou a abonar. Agora a sogra ven de gañar unha sentencia que a vota a ela deste piso pero non ás nenas; un problema que supón o cumio a varios anos de desavinzas.

    Tanto Olga coma o seu ex-marido nunca traballaron nos últimos dez anos, posto que vivían das rendas das fábricas de pensos animais que os sogros posúen en Venezuela; o que lles facilitaba levar un nivel de vida moi alto. Agora as nenas xa se adaptaron a vivir só co imprescindible posto que o seu pai non as axudas economicamente, alegando que non ten nada ó seu nome, a pesares de que él si continúa co mesmo ritmo de vida privilexiado.

    A pesares disto, Olga non sinte máis que mágoa pola sogra posto que ela foi quen de quedarse co cariño do resto da súa familia política. Olga está a mover Roma con Santiago para procurarlle un futuro mellor as súas fillas. Asegura que non ten medo a nada nin a ninguén e que loitará por elas ata as súas últimas consecuencias.

    Redacción Salnés