A policía local de Vilanova identifica e denuncia a dúas persoas por condución incívica en Baión

VILANOVA> A policía local de Vilanova denuncia a dúas persoas por conducir de forma incívica en Baión. Os denunciados acudían ao campo da festa cos seus vehículos a gran velocidade e unha vez na praza poñíanse a facer derrapes e trompos. Os denunciados expóñense a multas que roldan entre os 500 e os mil cincotenso euros e á retirada de 6 puntos do carné de conducir. A policía explica, que non caso de que se atopasen persoas na praza, os denunciados cometerían un delito penal que carrexaría a perda do carné e penas de cárcere.

Vilanova está en pé de guerra contra os condutores que conducen de forma incívica. Dende hai tempo, os veciños de Baión queixábanse de que polas noites na parroquia tiñan lugar carreiras ilegais, especialmente pola zona do campo da festa. Unhas queixas que foron contrastadas pola policía local ao instalar cámaras en diferentes puntos de Baión. 

A instalación de cámaras de vixilancia deu os seus froitos e xa ai dous condutores identificados e denunciados por conducir de forma incívica. A policía destaca que ningún dos dous é de Vilanova.

A denuncia ás dúas persoas identificadas é por un delito administrativo debido a que a praza estaba baleira. Se houbese algunha persoa na praza a denuncia sería penal por condución temeraria e risco para a seguridade viaria.

Concello e policía avisan que as investigacións continúan en marche e que nas próximas datas podería haber máis denunciados. Tamén advirten, que non tolerarán na vila máis comportamentos como estes, e aumentarán a vixilancia con cámaras novas en diferentes puntos do concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí