Rianxo súmase á rede de apoio ós campamentos saharauis afectados polas inundacións

    RIANXO> As graves inundacións rexistradas en Alxeria, concretamente na zona de Tinduf, na que se asentan os campos de refuxiados, está a levar a moitos concellos a tomar a decisión de prestarlles axuda urxente. Un deles foi o concello de Rianxo, que vén de poñerse a disposición da Asociación Galega do Pobo Saharaui para colaborar coas medidas necesarias para paliar os efectos desta desgraza. Dende o executivo rianxeiro buscarase a fórmula de coordinar actuacións para recuperar os campamentos afectados, instando ademais ás Administracións Central e Autonómica a que se impliquen con esta causa.