Xuventude amplía en 400 as prazas para os campamentos autonómicos do verán

PORTO DO SON> A Conselleira de Política Social presentou en Porto do Son a oferta autonómica de campamentos de voluntariado para este verán. Galicia amplía en 400 as prazas para mozos que queiran disfrutar desta experiencia, converténdose así na primeira comunidade de toda España en número de prazas.

A Xunta amplía este ano o número de prazas ofertadas nos campamentos de verán, que incorporan importantes novidades con respecto a anteriores edicións.

Para aqueles que opten por estancias máis curtas volverán poñerse ne marcha os minicampamentos urbanos de 5 días que tentan tamén favorecer a conciliación durante o verán.

A Conselleira presentou os detalles da convocatoria nun acto celebrado esta mañá no campamento do Loreto, en Porto do Son, un dos destinos máis demandados non só polo seu privilexiado enclave senón tamén polas numerosas actividades que realizan.

Os mozos interesados en participar nalgunha das quendas ofertadas pola Xunta poden consultar información e realizar a solicitude a través da web xuventude.xunta.es. O prazo de inscrición abrirá o 18 abril

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí