O Open Internacional de Taekwondo chega á súa XVIII edición

PONTEVEDRA> O Open Internacional de Taekwondo “Cidade de Pontevedra” chega á súa décimo oitava edición. Máis de 1100 participantes daranse cita no Pavillón Municipal dos Deportes durante esta fin de semana nunha proba que segue crecendo en número de combates e que contará co uso de petos e cascos electrónicos. 

 

 Esta mañá presentábase no concello de Pontevedra a décimo oitava edición do Open Internacional de Taekwondo “Cidade de Pontevedra”. Unha proba moi  consolidada que atrae a grandes deportistas nacionais e internacionais.

Dende o seu comezo cun único tapiz para os combates, agora serán 12 os que se coloquen por todo o espazo que permite o pavillón municipal de deportes e calculan que o ano que ven terán que ampliar o número de días de competición ante o éxito de inscrición que están tendo.

Este ano a competición contará cunha ampla participación dos equipos portugueses, xa que esta proba está cualificada pola federación lusa como campionato de ranking clasificatorio. Pero non só eles, entre deportistas para combate, técnica e exhibicións das distintas categorías hai nestes momentos más de 1400 inscricións. 

A novidade este ano serán os cascos electrónicos. Tras ser esta proba a primeira en empregar fai anos os chalecos electrónicos este ano incluirán o uso dos cascos e tamén dunha cámara coa que ensinar as repeticións. 

A cita será o vindeiro fin de semana, o sábado día 31 dende as 9 da mañá terán lugar os combates e o domingo día 1 de novembro as exhibicións e as modalidades de técnica e freestyle. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/28/taekwondo_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/28/taekwondo_pontevedra.mp4{/flowplayer}