Suspendido o xuízo por branqueo contra unha sobriña de Manuel Charlín

PONTEVEDRA> Suspendido o xuízo por branqueo de capitais a Rosa Charlín, sobriña do patriarca do clan Manuel Charlín.

A súa defensa pediu a nulidade xa que asegura que o xulgado de Vilagarcía está a investigar os mesmos delitos, polo que ambas causas deberían refundirse. A fiscalía acusa a Charlín de mercar entre 1999 e 2004 ao redor de dez propiedades inmobiliarias nas que investiu 550 mil euros. Desa cantidade, hai 100 mil que a acusada non pode xustificar en base aos seus ingresos. Ante a petición de nulidade, o Ministerio Público insiste en que o delito e a acusada son os mesmos, pero non se trata das mesmas datas que está a investigar o xulgado de instrucción número 2 de Vilagarcía. Rosa Charlín enfróntase a unha petición de 5 anos de prisión e unha multa 720 mil euros. Recordemos que no ano 1995 Charlín xa fora condenada pola Audiencia Nacional a 9 anos de cadea e a pagar 100 millóns de pesetas. Nesa ocasión, por participar nun alixo de cocaína de 1000 kg atopados nun buque interceptado preto da costa portuguesa.