O PP solicita un Pleno extraordinario para analizar o contrato do servizo da auga

Pontevedra> O PP pide a celebración dun pleno extraodinario para analizar e poñer sobre a mesa a situación do contrato de abastecemento da auga en Pontevedra. Jacobo Moreira cree que hai demasiados interrogantes neste proceso. Dende o PSOE continúan pedindo a paralización deste contrato e unha nova valoración do mesmo.

O contrato de abastecemento da auga no concello de Pontevedra segue sobre a mesa, dende o PP consideran que hai moitas preguntas sen responder. Dende as filas populares consideran que houbo un fallo de rigor no informe e polo tanto, din existen erros e falta de motivación en todos os procesos deste contrato. Por esta razón van a solicitar a celebración dun pleno extraordinario co fin de pedir explicacións sobre este contrato.

O fin e obxectivo do PP é tentar dar transparencia a un procedemento importante para a cidade. Dende as filas socialistas consideran que o procedemento deste contrato se debe de paralizar. O PSOE piden un reseteo deste contrato e unha nova valoración do mesmo.

Un contrato do abastecemento da auga en Pontevedra que seguirá dando de que falar, xa que o PP solicitará este pleno extraordinario onde agardan que o Goberno Local esclareza todas as dúbidas que dende a oposición teñen en todo este proceso.