Noia esixe a mellora da seguridade vial na AC-550 en Orro e na Ponte Ceilán

    NOIA> O executivo noiés esíxelle á Xunta de Galicia a mellora da seguridade vial na estrada AC-550, concretamente na rotonda de Orro e na ponte de Ceilán. Dende o goberno noiés considérase necesario desenvolver unha actuación urxente nesta dúas zonas, dotándoas de iluminación e sinalización, como se ten feito no viaducto sobre a ría. O portavoz do goberno, Xosé Manuel Lage, recolle así as queixas de numerosos veciños que dende hai tempo veñen reclamando esta mellora. Lage considera ademais necesario que a Xunta redacte con urxencia un proxecto que garanta tamén a mellora da seguridade viaria no tramo que discorre entre a ponte de Ceilán e os núcleos de Orro e Vilanova, dotándoo con beirarrúas ou sendas peonís para posiblitar os desprazamento dos peóns con un mínimo de seguridade. Por esta razón insta ó Goberno Galego a habilitar unha partida para este fin nos orzamentos do ano que vén.