O concello de Ribeira renovará os vestiarios do campo da Guía a través dun convenio con Deportes

RIBEIRA> O concello de Ribeira avanza na mellora das instalacións deportivas do municipio coa renovación dos vestiarios do campo de fútbol de Carreira. A actuación, cun orzamento de 50 mil euros, dará comezo nas próximas semanas e conta cun prazo de execución de mes e medio.

O Carreira Club de Fútbol está de celebración e non só polo seu 50 aniversarios senón tamén polas importantes melloras que se van acometer no campo de fútbol da Guía. A máis inminente a renovación do módulo de vestiarios na que se investirán uns 50 mil euros no marco dun convenio coa Consellería de Deportes.

A estas obras sumarase a construción dunha nova grada cuberta, proxecto que ascende a 250 mil euros e se executará ó longo da tempada que acaba de comezar.

A directiva do club agradeceu a implicación do concello para reformar unhas instalación que precisan de importantes melloras posto que datan de hai 50 anos.