O PP cualifica de “esperazadores” os PGE para Pontevedra, e o PSOE dí que con estas contas vivimos no día da marmota

Pontevedra> O PP da cidade, pola súa banda, cualifica estes orzamentos como esperanzadores. Tomás Abeigón dixo que estas contas amosan, unha vez máis, o compromiso do PP con Pontevedra. Análise ben distinta é a que realizan dende o PSOE quen considera que con estas partidas non soamente Rajoy senón que todo o seu Goberno debería de ser cualificado como non grato na cidade, xa que con estas contas, dixo Agustín Fernández, non hai nada novo, parece que vivimos no día da marmota.

Opinións diversas e análises ben diferentes as que obtivemos esta mañá da partida que Pontevedra recibe dos Presupostos Xerais do Estado. Dende o PP consideran que son unhas cifras esperanzadoras que amosan, unha vez máis, o apoio e compromiso do PP coa cidade.

Análise ben diferente a que realizan dende as filas socialistas quenes consideran que vivimos no día da marmota e que estes orzamentos para Pontevedra non contan con ningunha novidade. Agustín Fernández considera que se trata de partidas xenéricas que converten estas partidas en investimentos moi tristes para a cidade.

Agustín Fernández dixo que estes orzamentos, dificilmente poderán ser aprobados,  e que se trata dunha exposición mediática que non terá a súa plasmación práctica.