Máis de dous meses sen cobrar: Seguen as protestas dos vixiantes do Avelino Montero

PONTEVEDRA> Os traballadores de seguridade do centro de menores Avelino Montero seguen coas súas protestas ante os impagos da empresa concesionaria Galaica. Os 11 afectados levan máis de dous meses sen cobrar e aseguran sentirse enganados pola empresa. Ameazan con concentrarse cada semana ata que a situación se solucione.

 

Fai máis dous meses os vixiantes de seguridade do Instituto Avelino Montero de Pontevedra concentrábanse diante do centro para dar conta da situación laboral na que se encontraban. Os 11 traballadores que estaban subrogados con outras empresas antes de que Galaica se fixera cargo da concesión levaban meses sen cobrar e a empresa non lles daba ningunha solución.

Hoxe a súa reivindicación trasladábase ás portas doutro dos clientes da empresa de seguridade Galaica, debido a que dous meses despois eses traballadores seguen sen percibir as súas nóminas e aseguran sentirse enganados pola empresa.

Dende UXT non entenden como a Administración Pública non fai nada para resolver esta situación e deixa a 11 familias sen amparo en datas tan sinaladas.

Os traballadores xa anunciaron concentracións semanais a partir de agora e ata que a empresa se comprometa a falar con eles.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/09/concentracion_froiz.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/09/concentracion_froiz.mp4{/flowplayer}

 

Comments are closed.