Máis de 1.500 veciños asinan contra o peche da avenida Raíña Vitoria na campaña do PP

PONTEVEDRA> Máis de 1.500 sinaturas no primeiro día de campaña para demandar a reapertura ao tráfico da avenida Raíña Vitoria, en Pontevedra. O Partido Popular retoma as súas protestas contra o peche cunha recollida de apoios entre a veciñanza. Hoxe empezaron na propia Raíña Vitoria. Tamén se pode asinar na web change.org.

Nunha carpa instalada na propia avenida Raíña Vitoria, o Partido Popular de Pontevedra comezou hoxe a recollida de sinaturas para reclamar a súa reapertura.

Aquí comezou a recollida física, pero antes xa comezara a través de internet  na web change.org. Este mediodía xa acadaran as 1.500 sinaturas, segundo os populares.

Na carpa tamén estiveron representados os populares do veciño concello de Poio. Segundo o seu voceiro, o peche de Raíña Vitoria tamén afecta aos habitantes do seu municipio.

Polo de agora, os populares non teñen claro que farán coas sinaturas que xunten estes días. Pero cren que a campaña servirá para demostrar o sentir da veciñanza contra a medida do goberno local.

Entre mañá e o sábado a campaña de recollida de sinaturas continuará na carpa que o Partido Popular instalará na Praza da Peregrina durante as mañás.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí