Beatriz Mato comprométese a que o centro de día esté operativo en 2010

    visitaconselleiratraballoribeira_100_25082009.jpgRIBEIRA> A conselleira de Traballo e Benestar tamén estudiará a posibilidade de construír na localidade unha  escola infantil e un punto de encontro familiar.

    O centro de día para enfermos de alzheimer de Ribeira estará operativo a principios do próximo ano. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, adquiriu este compromiso co alcalde, José Luis Torres Colomer, no transcurso dunha visita institucional que realizou ao municipio, concretamente a casa do concello e posteriormente ao parque de San Roque.

    {flowplayer}barbanza/visitaconselleiratraballoribeira.flv{/flowplayer}

    Problemas de accesibilidade

    O edificio que albergará o centro de día, emprazado na avenida do Malecón, foi cedido por Caixa Galicia á Xunta hai máis de dous anos. Inicialmente, o proxecto está valorado nuns 155.000 euros, unha partida económica que inclúe a colocación dun ascensor e pequenas reformas para mellorar a accesibilidade e seguridade das instalacións. A titular do departamento autonómico prevé que as obras estean rematadas en decembro.

    Así mesmo, a conselleira explicou que o goberno galego estudiará se o centro contará só con prazas para enfermos de alzheimer o se tamén se combinará cunha oferta para persoas maiores, unha vez que se analicen os informes dos servizos sociais do Concello e da Xunta referidos á posible demanda.

    Punto de encontro familiar

    A titular de Traballo e Benestar, ademais, abordou na reunión mantida co alcalde de Ribeira a posibilidade de construír unha nova escola infantil no concello. Torres Colomer fíxolle esta petición a Beatriz Mato quen, pola súa banda, se comprometeu a estudar o desenvolvemento deste proxecto na elaboración do próximo orzamento. A conselleira tamén tomou nota da proposta do alcalde de por en marcha un punto de encontro familiar, un espazo neutral para favorecer o dereito dos nenos e nenas de manter as relacións coas súas familias, cando existe unha situación de separación ou divorcio.

    Como remate a súa visita a Ribeira, a conselleira de Traballo e Benestar gabou “a excelente labor” que os 26 alumnos están a desenvolver nas tarefas de recuperación do contorno do parque de San Roque. A iniciativa, que se puxo en marcha no mes de xuño, durará 12 meses e conta cunha subvención de Traballo e Benestar de 548.000 euros.

    Redacción Barbanza