BOIRO> A pesar das reiteradas denuncias presentadas no Concello, esixindo unha solución rápida e urxente ó avanzado estado de deterioro que presenta o paseo marítimo de Carragueiros, a día de hoxe seguen a obter a calada por resposta por parte das autoridades locais.
Ademais da mala imaxe que dá, consideran necesario actuar no paseo para evitar así posibles riscos ós usuarios que a cotío transitan por el, pois en máis dunha ocasión xa se produciron caídas.
Pero o problema non é exclusivo a este paseo. Denuncian tamén o estado no que se atopan outras zonas de parroquia, segundo el totalmente esquecidas por este equipo de goberno máis preocupado por atender só ó centro urbano.
Ante esta situación, e para evitar males maiores, pídenlle ó Concello que actúe dunha vez, e realice as tarefas de mantemento necesarias para recuperar esta zona de gran atractivo turístico e medioambiental.











