O PP de Boiro acusa ó goberno local de falla de previsión polo mal estado do campo de Barraña

BOIRO> Se hai un mes denunciaban a falla de mantemento en varios pavillóns municipais, agora o PP carga contra o executivo local polo mal estado que presenta actualmente o campo de fútbol de Barraña.

A situación obrigou ó Club Deportivo Boiro a ter que cambiar de emprazamento para a disputa do seu último partido ligueiro.

Para o PP o executivo é o verdadeiro culpable desta situación, ó que acusa dunha falla de previsión absoluta.