Éxito do Campionato de España de Pitch & Putt celebrado esta fin de semana en Moimenta

BOIRO> A parella valenciana formada por Calos Abril e José Luís Ventura foron os gañadores do Campionato de España de Dobres de Pitch & Putt celebrado durante esta pasada fin de semana en Moimenta, en Boiro.

As instalacións do Barbanza Golf de Boiro, en Moimenta, acollían esta pasada fin de semana, nas xornadas do sábado e o domingo, o Campionato de España de Dobres de Pitch & Putt. No torneo tomaron parte un total de 60 parellas chegadas dende diferentes Clubs de todo o ámbito nacional. A vitoria final foi para a parella formada por Carlos Abril e José Luis Ventura. Terminaron con 193 golpes no seu haber. Os valenciáns impuxéronse a David Abadía e Jesús Casajús que acabaron en segundo lugar, a tan só dous golpes de diferenza, grazas á xornada de onte domingo que se disputou baixo a modalidade de Copa Canadá. En terceiro lugar no podio a parella local do Barbanza Golf integrada por Simón Varela e Miguel Ángel Vázquez cun total de 203 golpes