Ribeira prepárase para unha nova edición da Lan Party Uxianet

    RIBEIRA> A actividade, organizada pola asociación Birus, contará cun cento de afeccionados ó mundo da informática e as novas tecnoloxías. Afeccionados ás novas tecnoloxías daranse cita a partir de mañá venres na casa da Xuventude de Ribeira nunha nova edición, e xa van cinco, da Lan Party Uxíanet. A actividade, que está organizada polo da asociación Birus, en colaboración co propio concello, contará coa participación dun cento de persoas, todos eles amantes da informática, chegados dende diferentes puntos de Galicia e tamén de fóra, que intercambiarán coñecementos sobre as novas tecnoloxías. Dende a organización destacaron o enorme interese que está a espertar esta actividade, na que se inluirán un gran número de actividades, entre elas varios torneos.