Operación Pokemon: O Concello de Pontevedra entrega 244 libros de contas relativos a Viaqua

PONTEVEDRA> 244 libros de contas nos que se atopan 500 facturas relativas aos contratos con Viaqua. Isto foi o que tiveron que entregar os funcionarios do Concello aos Axentes de Aduanas que foron onte a dependencias municipais por orde da xuíza instrutora da Operación Pokemon. Ante o anuncio da investigación do patrimonio do alcalde de Pontevedra, o voceiro do grupo de goberno, un antigo edil e cinco funcionarios, Fernandez Lores asegurou que non ten nada que ocultar.

 

Dende o Concello de Pontevedra quixeron aclaran esta mañá que durante o día de onte non houbo ningún tipo de rexistro senón que foron os funcionarios da institución os que buscaron todos os documentos solicitados e llos entregaron aos dous axentes de aduanas que se presentaron onte pola mañá nas dependencias municipais.

O edil de réxime interno tamén aproveitou para lamentar a mala actuación por parte da xustiza que podía ter evitado a situación innecesaria e desmedida de onte á que cualificaba de circo.

A única referencia que Legísima encontrou acerca de Pontevedra nos informes referentes a operación data do 28 de xullo deste ano. Son 9 liñas onde se fala do contrato con Viaqua e a súa posible renovación ao que o edil recorda que o contrato se fixo efectivo no ano 97 e polo tanto competería ao anterior alcalde e de renovación nin se tratou nin se podería realizar.

Con respecto á investigación que tamén se fará sobre o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, o voceiro do grupo de goberno, Raimundo González, a un antigo edil do concello e a cinco funcionarios máis, dende o consistorio aseguran estar moi tranquilos.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/12/pokemon_pontevedra_2.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/12/pokemon_pontevedra_2.mp4{/flowplayer}