Luz verde á continuidade da municipalización da piscina da Cachada

BOIRO> A corporación boirense celebraba a pasada tarde o pleno ordinario do mes de novembro. Durante a sesión saíron adiante diversas cuestións como a modificación da ordenanza reguladora do IBI ou a municipalización da piscina da Cachada.

Entre os puntos incluídos na orde do día figuraba a continuidade do proceso de municipalización da piscina da Cachada, a través dunha moción presentada por Boiro Novo, que saíu adiante cos votos a favor de tódolos grupos agás do PP que se abstivo.

Tamén se aprobou a modificación da ordenanza reguladora do IBI e o ditame de rectificación do inventario de bens. Pola contra non saíu adiante a moción presentada polo Partido Popular en relación ó recurso interposto polo goberno do Estado conta a Lei Integrada do Litoral de Galicia.