Esquerda Unida presenta unha emenda ás novas taxas de Vilagarcía

    VILAGARCÍA> Esta mañá Esquerda Unida Vilagarcía presentaba no rexistro do concello as emendas á proposta de subida de taxas aprobada polo goberno local. Piden que aos impostos dos cidadáns se lle apliquen descontos porcentuais dependendo dos seus salarios e que esta perda de ingresos se compense cunha suba nas taxas que pagan as empresas.

     

    Os representantes de Esquerda Unida en Vilagarcía entregaban hoxe no concello as súas emendas ás novas taxas que aprobou o goberno de Alberto Varela cos apoios de BNG e Somos Maioría. Entenden que non houbo un traballo de posta en común onde se aceptasen propostas dos outros grupos municipais e que se rexeitaron as que se lles fixeron chegar por medio de escusas vagas.

    Dende Esquerda Unida propoñen que todos os impostos que así o permitan se rexan por un táboa de descontos que reducirá o importe a pagar segundo os ingresos de cada persoa.

    No caso do IBI onde non se permite facer este tipo de rebaixas Esquerda pide que a taxa para o IBI urbano se reduza xa a 0’52% e que non o fagan de maneira progresiva como foi aprobado.

    Para compensar esa perda do nivel de ingresos do Concello propoñen compensalo con subidas onde eles ven que hai marxe por ter cotas más baixas: o sector empresarial. Queren que as empresas que tributen máis de 1 millón de euros ao ano paguen o 1’7% estean na rúa que estean e que suban tamén para elas a taxa de recollida do lixo. Tamén piden que entre as vivendas baleiras que se graven se encontren tamén as pertencentes a bancos ou construtoras.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/13/eu_vilagarcia_impostos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/13/eu_vilagarcia_impostos.mp4{/flowplayer}