Pequenos atletas reuniranse no Campionato Galego sub10, sub12 e sub14

Pontevedra> As pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva acollerán mañá os campionatos galegos de atletismo das categorías sub10, sub12 e sub14. 735 nenos e nenas competirán, a título individual, nas diferentes modalidades.

735 pequenos atletas competirán este sábado no campionato galego de atletismo das categorías benxamín, alevín e xuvenil. Farano en dúas quendas, unha pola mañá, a partir das 10, e outra pola tarde, a partir das 16:30.  Esta competición, que forma parte da promoción do deporte base na comunidade galega, é unha das que máis participantes congrega.

Agárdase que se acheguen á cidade unhas 2000 persoas, que acompañarán ós cativos nesta gran festa do atletismo.