“Rilla na Rúa” chega a Pontevedra cunha oferta musical e gastronómica variada e de calidade

PONTEVEDRA> Chega a Pontevedra Rilla na Rúa. A parcela de Tafisa é o lugar elixido para acoller esta feira lúdico-gastronómica na que haberá obradoiros infantís, música en directo e moita comida en formato foodtruck. O evento levarase a cabo do 13 ao 16 de xuño.

Ese é o escenario da próxima cita lúdico-gastronómica de Pontevedra. Rilla na Rúa chegará a cidade a vindeira fin de semana con propostas para todos os públicos. Dende obradoiros e actividades familiares ata concertos en directo. Todos eles acompañados dunha ampla oferta gastronómica.

Rilla na Rúa chegará a Pontevedra con 10 foodtrucks que ofrecerán distintos tipos de comida, dende hamburguesas ata comida asiática. O Concello aposta por esta iniciativa porque cre que conxuga o produto galego de calidade, coa música da zona e coa dinamización do comercio local.

Dende o xoves 13 ata o domingo 16 de xuño pasarán por Pontevedra artistas como Mr. Magoo, Algo Pasa con Mery ou Cha Cerveja e Violao. Tamén haberá un mercado de produtos artesanais e vintage e actividades infantís. Deste xeito, conxugando a música e a gastronomía, o éxito está garantido.

Comments are closed.