Os nenos e nenas perseguen ao demo polas rúas da cidade

PONTEVEDRA> A comitiva infernal xa está na rúa. Os nenos pontevedreses percorreron hoxe a cidade para celebrar a Festa do Demo. Como marca a tradición, os rapaces perseguiron a este persoeiro maligno co obxectivo de arrancarlle o rabo. Unha xornada de troula que rematou cunha foliada na Praza de Curros Enríquez.

A Boa Vila tinguiuse hoxe de vermello. O motivo, a presenza do demo nas rúas da cidade.

A Festa do Demo é sempre unha cita moi esperada polos máis pequenos, quenes, sen medo e con moita alegría perseguen a este ser maligno para arrancarlle o rabo.

Hoxe as maldades estaban permitidas e os nenos o sabían.

Tras percorrer as rúas da cidade perseguindo a este demo, os pequenos e os maiores puideron gozar do fin de festa coa tradicional Foliada. O evento celebrouse na Praza de Curros Enríquez coa actuación dos Sentenarios e dos Chichisos.