Obras en Pontevedra para Semana Santa

PONTEVEDRA> As obras da contorna do estadio de Pasarón rematarán antes de Semana Santa.

A obra que tiña un prazo de execución de seis meses atópase moi avanzada e o Concello prevé que se conclúan nesta semana ou na próxima tardando pouco máis de tres. En Semana Santa tamén é cando o concello ten previsto acometer a obra que se solicitara por parte do colexio de infantil e primaria Barcelos para garantir a seguridade dos nenos no seu paso cara o espazo público que se podería convertes en patio de recreo. Estes días presentarán o proxecto á veciñanza. Outras obras das que se tratou na Comisión desta mañá foron as de Médico Ballina que afectan sobre todo á contorna do que será o parque infantil que irá nos terreos cedidos por Adif e a de Os Campos, na que se está a traballar na pavimentación da estrada coa confluencia de Santa Margarida, que podería estar rematada a principios de abril.