Dous homes danse á fuga despois de atracar a punta de pistola un supermercado en Sanxenxo

    SANXENXO> A semana arrancou hoxe cun susto no supermercado Día do Vinquiño, en Sanxenxo. Ao redor das 9 e 20 da mañá, dous homes armados con pistolas entraron no establecemento. Pediron a dúas das empregadas que lles abriran a caixa forte, e levaron 150 euros de botín. Despois déronse a fuga nunha moto. A Garda Civil estableceu un dispositivo de busca para localizalos.

     

    Tan só vinte minutos despois de abrir o supermercado, dous homes estranxeiros, que as dependentas identificaron como marroquís, entraron no establecemento armados con pistolas. Segundo explicou unha das empregadas, levaban as caras cubertas con pasamontañas e cascos de moto.

    Mentres un vixiaba dende fóra do local, o outro quedou dentro e mandou ás dúas empregadas que pecharan o enreixado. Moi nervioso e ameazándoas coa arma, obrigounas a que lle deran o contido da caixa forte. O supermercado acababa de abrir e aínda non había clientes, polo que o botín foi só de 150 euros.

    Cos cartos no seu poder, déronse á fuga nunha moto. O supermercado xa presentou denuncia na Garda Civil, que estableceu un dispositivo de busca para localizar os dous homes.

    Este é o primeiro atraco que sofre este supermercado dende que no verán encargárase da súa xestión unha nova dirección. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/16/atraco_super_sanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/16/atraco_super_sanxenxo.mp4{/flowplayer}