A oposición carga contra o alcalde pola redistribución das subvencións

     CATOIRA> Alberto García admitiu en pleno ter desviado a servizos sociais as axudas para o Multiusos

    {flowplayer}images/salnes/CatoriaEdificioMultiusos_260213.flv{/flowplayer} 

    O alcalde de Catoira negou onte no pleno ter cometido algunha irregularidade en relación á financiación do edificio Multiusos e aproveitou a ocasión para cargar contra os voceiros da oposición, ós que cualificou de ignorantes.

    O certo é que dende a formación Compromiso por Galicia denuncian o desvío a outros servizos dos cartos destinados para pagar a Tragsa a construcción do Multiusos. Unha obra que ascende a 2,2 millóns de euros e que sería financiada nun 75% por Xunta e Deputación. O concello recibíu finalmante 1,3 millóns  pero só pagou a Tragsa algo máis de 900.000, polo que debe 1,4 millóns de euros, se se contan os intereses. Dende a oposición piden que se aclare onde están estes cartos.

    Marga García engadiu que dende hai tempo o concello traballa "como unha caixa única" e que teñen medo a que se destape a débeda real do concello, que podría superar os 5,5 millóns de euros.

    Dende Compromiso por Galicia temen que non se lle poña freno ás actuacións de Alberto García e o Partido Socialista e que o problema que agora xurde medre como unha bola de neve cando se teñan que acometer outras obras que supoñan para o concello un importante investimento.

    Redacción Salnés