O obradoiro de emprego de agricultura ecolóxica de Vilanova doará todos os seus produtos a Cáritas Arousa

    VILANOVA> Para seguir co aprovisionamento de alimentos que se distribúen entre os máis desfavorecidos, Cáritas Interparrioquial Arousa firmaba esta mañá un convenio co Concello de Vilanova polo que este lles doará todas as colleitas do seu obradoiro de emprego de agricultura ecolóxica. Produtos frescos como froitas ou hortalizas que complementarán os habituais produtos non perecedoiros dos que dispoñen.

     

    O obradoiro de emprego centrado en agricultura ecolóxica que puxo en marcha o pasado mes de outubro o Concello de Vilanova de Arousa terá a partir de hoxe un compoñente solidario moi importante.

    Esta mañá o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, o representante de Cáritas Interparroquial Arousa firmaban o convenio de colaboración co que se destinará á organización relixiosa toda a colleita que se produza co seu traballo no obradoiro.

    O convenio permitirá así que Cáritas dispoña dunha gran cantidade de froitas e verduras das que carecen habitualmente.

    As actividades realízanse nas instalacións do Pazo de Vista Real e era aí onde se facía entrega hoxe dunha primeira remesa de kiwis que se complementarán con leitugas ou aguacates moi pronto.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/13/convenio_caritas_vilanova.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/13/convenio_caritas_vilanova.mp4{/flowplayer}