A Comisión Europea elixe unha técnica desenvolvida polo CIMA como pauta para toda a UE

    VILANOVA> A Comisión Europea escolle unha técnica desenvolvida polo Centro de Investigacións Mariñas como método para a detección do parasito da bonamia en toda a Unión Europea. A conselleira do Mar Rosa Quintana visitaba esta mañá as súas instalacións para felicitalos polo bo traballo realizado.

     

    Hoxe o Centro de Investigacións Mariñas recibía a visita da conselleira do Mar. Rosa Quintana quixo encomiar o traballo que se realiza no CIMA despois de coñecer que unha das técnicas desenvolvidas polo seu laboratorio foi escollida pola Comisión Europea como pauta por excelencia para a identificación da bonamia, un parasito que afecta á ostra europea.

    A conselleira recalcou que con esta fórmula a diagnose da bonamia se produce con maior rapidez e isto é moi positivo á hora de decidir.

    Quintana ve neste recoñecemento unha recompensa á labor dos investigadores do CIMA e quixo lembrar que os seus traballos se manteñen nos puntos de interese da Xunta.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/17/conselleira_vilanova.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/17/conselleira_vilanova.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí