A Ciga mobilízase en Vilagarcía esixindo un novo convenio para o sector da conserva

VILAGARCIA> A Cig mobilízase para reclamar un novo convenio para o sector da conserva. Dende o sindicato reclamar melloras nas condicións laborais, nos horarios e nos salarios. O novo acordo leva nove meses negociándose.

O sindicatos e a patronal levan meses negociando un novo convenio para o sector da conserva sen chegar a ningún acordo. Dende a Cig denuncia que a patronal está dilatando a negociación e non favorece a consecución de acordos. Por elo, o sindicato convocou hoxe unha mobilización en Vilagarcía para esixir un novo convenio para o sector.

As diferenzas entre a patronal e os sindicatos son varios. Os puntos no que están máis distantes teñen que ver coa xornada laboral e os salarios.

Este último punto é no que ambas partes están máis distanciadas. Xa que a patronal quere aumentar a xornada laboral e incluír as fins de semana.

A vindeira reunión terá lugar, por primeira vez, en Galicia os días 19 e 20 de outubro. Dende a Cig sinalan que a postura da patronal comeza a mudar e poderían chegar a algún acordo. De non ser así, o sindicato convocará novas mobilizacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí