CAMBADOS> O edil de Obras e Servizos de Cambados, José Ramón Abal, avanzou hoxe que o concello estuda xa unha segunda fase de soterramento de cableado na zona histórica da vila.
Estes días, trabállase na eliminación dos cables na contorna de Fefiñáns e a rúa Real. A intención do executivo local é continuar agora co embelecemento doutras rúas monumentais.