Uns 20 rapaces participan estes días no Campamento Urbano Medioambiental de Vilagarcía

    VILAGARCÍA> Uns vinte mozos arousás participan nun Campamento Urbano Medioambiental, organizado pola Concellería de Xuventude de Vilagarcía, e que este martes levou ao grupo de rapaces a coñecer o funcionamento da Asociación Protectora de Vilagarcía de Arousa. 

     

    Os participantes no Campamento Urbano Medioambiental de Vilagarcía estiveron este mércores nas instalacións da Asociación Protectora de Animais de Vilagarcía de Arousa. Unha actividade ca que os mozos puideron coñecer de primeira man o funcionamento do centro, e tamén aos seus “habitantes”.

    Esta saída enmarcase dentro das actividades previstas dentro do Campamento Urbano organizado pola Concellería de Xuventude que arrincou onte e rematará o primeiro de agosto. 

    Unha actividade, a de este mércores, ca que os mozos se mostraron moi satisfeitos. 

    Descubrir a riqueza e os recursos cos que conta a cidade e o medio no que viven os rapaces da localidade, son os obxectivos que fundamentan a convocatoria de actividades deste tipo. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/27/visita_nenos_protectora_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/27/visita_nenos_protectora.mp4{/flowplayer}