O Eixo Atlántico aposta por concellos máis sostibles que compartan recursos

    VILAGARCÍA> Vilagarcía acolle a súa segunda cita supramunicipal en menos dunha semana. Tras facer de anfitrioa das xornadas de Amuparna, hoxe no salón de plenos do concello celebrouse unha xornada de traballo de concellos e expertos do Eixo Atlántico. O obxectivo: avanzar na elaboración dunha Axenda Urbana, que dea pautas ás cidades para facerse máis sostibles compartindo recursos.

     

    Planificar a cidade do futuro é o ambicioso obxectivo para o que traballa o Eixo Atlántico, un ente que agrupa a concellos galegos e do norte de Portugal. Hoxe, representantes de oito municipios de Galicia, 12 portugueses e oito expertos, reuníronse en Vilagarcía para avanzar no primeiro paso: a elaboración da axenda urbana.

    Un dos primeiros pasos é comprender que a intención deste proxecto común é que os concellos poidan complementarse, camiñar cara a sostibilidade compartindo recursos coas poboacións próximas.

    O proxecto desta Axenda urbana aínda está nos seus comezos, pero para o Eixo Atlántico que no encontro de hoxe estiveran representados tantos municipios é unha bo sinal. Durante toda a mañá debateron sobre un primeiro borrador deste documento.

    Coas conclusións saídas da xornada de hoxe, construirán un novo documento, que terá que ser aprobado polos alcaldes nunha asemblea xeral do Eixo que se celebrará en febreiro. A partires de aí se abrirá outro proceso de consultas con expertos de toda Europa. O obxectivo é que a Axenda Urbana estea finalizada no prazo dun ano.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/17/reunion_eixo_atlantico.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/17/reunion_eixo_atlantico.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí