Empresarios chineses interesados en posibles negocios con compañías pontevedresas

PONTEVEDRA> O premio non só afianza a posición de Pontevedra como referente mundial; Fernández Lores afirma que este recoñecemento axudará a xerar movemento económico na cidade e xa tivo varias reunións con empresarios chineses interesados en facer negocios con empresas da cidade.

 

O alcalde de Pontevedra encontra no galardón recibido en Hong Kong unha oportunidade para impulsar a economía da cidade. Para Fernández Lores a calidade de vida claramente superior da cidade de Pontevedra supón un atractivo económico importante pola cantidade de persoas que deciden viaxar ata ela para gozar do espazo urbano e os ambientes naturais agradables.

Co motivo de xerar movemento económico, Lores reuníase este mércores con empresarios asiáticos que están interesados en facer negocios con compañías pontevedresas e previa á entrega do premio, participaba nunha mesa redonda denominada “Exitosos exemplos de urbanización e novo concepto de cidade en Europa e China” onde o intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle, explicou a transformación sufrida pola cidade nestes 16 anos cara unha concepción urbana harmónica e global.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/25/reunions_pontevedra_china.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/25/reunions_pontevedra_china.mp4{/flowplayer}