A avenida Josefina Arruti, posible entrada da futura estación intermodal

PONTEVEDRA> Xunta e concello de Pontevedra saíron esta mañá satisfeitos da reunión que mantiveron na cidade do Lérez sobre o proxecto da estación intermodal. De momento non hai ningún plan pechado, o vicepresidente da Xunta dixo que nas vindeiras semanas analizarían as propostas do concello para chegar a bo porto . Unha delas pasa polo cambio da entrada á estación de autobuses á avenida Josefina Arruti. 

 

Satisfacción trala reunión que esta mañá mantiveron vicepresidente da Xunta e conselleira de infratructuras en función e o alcalde e concelleiros de Pontevedra para analizar o proxecto da estación intermodal. Sen ningun plan pechado sobre a mesa Alfonso Rueda destacou que houbo bo entendemento e que deste encontro saíron ideas importantes para a contrucción de dita estación. 

Cun investimento que rondará os 2 -3 millóns de euros dende o concello amosaron a súa satisfacción xa que dende a Xunta van a estudar as suas propostas para considerar a sua viabilidade, unha delas pasa por cambiar a entrada da estación de autobuses á avenida Josefina Arruti. 

Dende a Xunta e concello agardan poder pechar un proxecto nas vindeiras semanas e así poñenerse dende xa a traballar na estación intermodal de Pontevedra. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/10/estacion_intermodal_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/10/estacion_intermodal.mp4{/flowplayer}