Nace ESMAR, a primeira asociación do Salnés contra a violencia de xénero

     

    RIBADUMIA> O colectivo está integrado por seis mulleres, algunhas delas vítimas de violencia de xénero, e xorden para apoiar ás mulleres da comarca que sufran calquera tipo de maltrato físico ou psicolóxico.

     

     

    A Asociación contra o Maltrato ESMAR, Maltrato Cero, nace con vontade de dar unha man á sociedade do Salnés, ás persoas que sofren non só violencia de xénero, senón tamén calquera tipo de acoso, sexual, escolar ou laboral. Á fronte, María del Carmen Torres, vítima de violencia de xénero e impulsora desta iniciativa.

     

    ESMAR organizará charlas e cursos de información e prevención, ofrecerá asesoramente xurídico e psicolóxico a persoas maltratadas e impulsará accións nos concellos da comarca para cumprir o dereito á igualdade e integración na sociedade. Piden o apoio de tódolos municipios do Salnés e reivindican a apertura no hospital comarcal dun centro de atención a vítimas de violencia de xénero.

     

    Tanto se se sofre violencia de xénero ou acoso coma se non, ESMAR está aberta a recibir a todos aqueles que se queiran facer socios. Piden apoio e sobre todo inciden na necesidade dunha educación en igualdade desde a base.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/25/esmar.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/25/PTAC_ESMAR.mp4{/flowplayer}