PONTEVEDRA> Esta mañá, a Deputación de Pontevedra celebrou o pleno extraordinario solicitado polo Partido Popular para demandar á presidenta explicacións sobre o ‘enchufe’ da súa cuñada.
Na sesión só tomou a palabra o voceiro do PP, Jorge Cubela, e o punto foi rexeitado cos votos en contra de PSOE e BNG.
Os nacionalistas anunciaran nun comunicado a súa decisión de non intervir xa que, explicaron, consideran que se trata dun ‘uso pernicioso’ do pleno provincial.
Recordemos que a convocatoria desta sesión extraordinaria fora inicialmente rexeitada polo goberno provincial. Finalmente, unha xuíza ordenou a súa celebración.