O saneamento do Río Gafos estará rematado a finais de novembro deste ano

Pontevedra> O alcalde de Pontevedra, anunciou esta mañá, que para finais do mes de novembro estarán rematados os traballos de saneamento do río Gafos dende o Marco ata Alcalde Hevia. Hoxe comezaron a segunda fase deste proxecto, na zona urbana, detrás da estación de autobuses. Neste momento está xa executada o 80 por cento da obra. Mañá de visitas nesta xornada, o alcalde de Pontevedra e o concelleiro delegado do Ciclo da Auga quixeron coñecer de primeira man como marchan os traballos de saneamento do Río Gafos. Lores sinalou que o 80 por cento da obra está xa executada e que xa levan contruídos 67 pozps de saneamento de formigón novos. Hoxe comezaron a segunda parte destes traballos, a que pasa pola zona urbana que vai dende a Estación de autobuses ata Alcalde Evia, un tramo no que quedarían por facer 20 pozos máis. Con estes traballos, levados a cabo co investimento do concello de Pontevedra, o alcalde ten claro que os deberes están feitos. Lores agarda ter rematado este proxecto do saneamento do Gafos dende o Marco ata Alacalde Hevia para finais do mes de novembro deste 2017, a continuidade destes traballos a partir deste punto será algo que avaliarán máis adiante.